COVID-19

Esta etapa convulsa serviu para reflexionar sobre que cousas son importantes na vida. Vivimos momentos durísimos impensables hai apenas meses que puxeron a proba a nosa capacidade de resistencia como individuos e como sociedade.

Os meus lenzos non podían non reflexar o vivido en días nos que imaxes desgarradoras nos conmovían. Tratei de plasmar a dureza do momento pero ó mesmo tempo amosar a certeza e a Esperanza de que de esto se sae. Demasiadas vítimas vai deixar esta guerra silenciosa e estos cadros son tamén a miña forma de homenaxear a todos aqueles que contribuíron a que a traxedia non fose aínda maior.

Todos e cada un de nós ten a posibilidade máis ca nunca de decidir como queremos saír desto. Todos e cada un de nós pode convertirse nunha peza deste taboleiro chamado mundo e atacar dende a responsabilidade individual este inimigo invisible.


Mundo 2.0

Non dispoñible

Pedras molladas, rúas baleiras.
Tan só nós nas rúas. Picheleiras.

Rúas caladas, pedras sen vida.
Só nos paseamos. Cidade dormida!

Fora Alameda, paseo inconsciente.
Novas sensacións. Recordo latente.

Obradoiro mundo. Tacóns rechamantes, sombra de ollos.
Maxia incesante.

Autor: O pequecho

Outros cadros desta etapa

Abril 2020

Tan preto e a vez tan lonxe

Contemplando o Arco da Vella